Afluencia masiva ás tendas en Galicia no segundo día de rebaixas
Afluencia masiva ás tendas en Galicia no segundo día de rebaixas
Cada galego gastará uns 84 euros
Calculan asinar 10.000 contratos de traballo neste tempo de rebaixas
Arredor de 84 euros vai gastar cada galego nas rebaixas oficiais que comezaron o venres e van prolongarse ata o 7 de marzo. Esta fin de semana boa parte dos centros comerciais abren os dous días para aproveitar o tirón inicial e tamén para facilitar as devolucións e cambios de regalos de Nadal.
A escalada de custos leva a que se reduzan as marxes dos comerciantes nestes días e é que ofertan descontos de ata o 70 % especialmente en roupa e calzado. Os compradores queren aproveitar todo o que se poida.
A desestacionalización das rebaixas tamén inflúe, con descontos que se adiantaron a antes do día de Reis ou que se manteñen dende o black friday de novembro. Tamén se nota o efecto das compras a través da Internet, que aumentaron empuxadas pola pandemia. Con todo, sempre hai quen non quere deixar pasar as oportunidades nas tendas.
Malia os problemas económicos e sanitarios cos que comezaron as ofertas, agárdase superar os 10.000 contratos temporais de traballo ligados a este tempo de rebaixas en Galicia.