As rebaixas de inverno ateigan as rúas comerciais
As rebaixas de inverno ateigan as rúas comerciais
Os galegos gastaremos de media 154 euros, segundo a Asociación Española de Consumidores
É día laborable, pero a comercial rúa do Paseo de Ourense está ateigada de xente, a maioría xa con bolsas.
"Collín o día libre e vin mirar se podía comprar algo". "Onte foi agoniante, entón vin hoxe. Xa comprei un chaquetón, agora ando mirando un abrigo, algo para os nenos...", comentan dous compradores.
A OCU aconsella asegurarse de que os produtos son os mesmos, coas mesmas calidades que antes das rebaixas. Tamén recomendan fixar un orzamento límite para non gastar de máis: "Eu, como máximo, poño sempre 200 euros". "Cen euros, 120, por aí", sinalan dúas persoas.
Gasto medio
De media, os galegos temos previsto gastar 154 euros por cabeza, dez menos que a media española. Algúns xa empezaron onte, primeiro día, festivo e a volta cos regalos dos Reis.
"Estiveron animadas. Achegáronse moitos clientes e non clientes curiosear, comprar, valorar os descontos...", di José Cid, o propietario de The Town.
"Moita clientela tenteando e observando os descontos. Hainos xa do 50 %", di Elsa Cabrera, que traballa como vendedora en 4 Elementos.
Queda aínda tempo por diante. Nalgúns comercios estenderanse ata a primavera.