Publicador de contidos

Publicador de contidos

A máquina substituirá as persoas nos procesos creativos?

A máquina substituirá as persoas nos procesos creativos?

A sede de Afundación na Coruña acolle unha xornada sobre a música creada con intelixencia artificial

O equipo PAMP! comparte a experiencia creativa de AI-Lalelo, composta con IA

G24.gal 21/01/2023 14:46 Última actualización 21/01/2023 15:01

O verán pasado unha canción tradicional galega quedou de segunda no que viría sendo a Eurovisión da intelixencia artificial. AI-Lalelo mestura raíz e modernidade e é o resultado do traballo conxunto do equipo PAMP, formado por músicos, enxeñeiros, artistas e investigadores. 

Composta coa axuda da intelixencia artificial, a peza é unha homenaxe ás mulleres que construíron Galicia e mantiveron vivas a tradición, a lingua e a cultura propias. O proceso creativo durou varios meses e implicou un equipo técnico e creativo multidisciplinar.

Utilizando como punto de partida diferentes versións do Vals da costureirapuxeron o algoritmo ao servizo da música tradicional galega ata chegar a esta canción con toques futuristas. 

A medida que avanzaban na creación de AI-Lalelo xurdiron debates e preguntas, entre elas, unha recorrente: acabará a máquina substituíndo as persoas nos procesos creativos?

É un dos asuntos sobre os que pivotou a xornada "Música creada con intelixencia artificial", moi relacionada coa exposición More than human, que seguirá en Afundación da Coruña dúas semanas máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade