Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agosto despídese de festa en festa

Agosto despídese de festa en festa

As citas gastronómicas son as máis abundantes, pero sen esquecer a música do festival da Luz

A Festa da Istoria de Ribadavia ou o Folión dos Carros en Chantada dan a nota histórica e tradicional á fin de semana

Festa da Istoria en Ribadavia Festa da Istoria en Ribadavia
G24.gal 25/08/2023 16:19

Con agosto a piques de rematar, as ganas de troula non cesan. Por iso, esta fin de semana temos festas variadas repartidas por Galicia.

Festa da Istoria (Ribadavia)

Volve unha das festas medievais máis famosas de Galicia, sendo Festa de Interese Turístico Nacional. Ribadavia recrea o seu pasado medieval, cun especial protagonismo do barrio xudeu. O mercado medieval estará ata o domingo e no interior do castelo, a recreación dunha posible tenda militar. 
O sábado celebrase o día grande con torneos, desfile polas rúas, banquete e mesmo a recreación duna voda xudía.

Romería de Naseiro (Viveiro)

A tamén coñecida como Romaxe do Bo Xantar, arrancou este venres co día dedicado ao polbo. Por diante aínda quedan outras 4 xornadas. Todas estas amenizadas con verbenas ás noites e sesión vermú.  Ademais, hai un amplo abano de actividades que fixeron desta festa unha celebración de Interese Turístico Nacional.

Folión dos Carros (Chantada)

Os veciños traballan nos carros desde hai meses, que rodarán mañá pola vila tirados por vacas e bois. O Folión de Carros é unha tradición que se remota ata a Idade Media e da que se poderá desfrutar un ano máis mañá sábado.

Gastromar (Ribeira)

Estará aberto en horario de xantar e de cea ata o domingo á noite. Unha feira que volve despois de tres anos de parada, coa forza da colaboración entre confrarías, cooperativas de cerqueiros e arrastreiros, do mexillón....

Festival da Luz (Boimorto)

Máis de 30 artistas actuarán esta fin de semana. Organizado pola artista galega Luz Casal, nesta edición conta cunha trintena de artistas entre os que están Luar na Lubre, Virtual Project, Viva Suecia e Rayden. 

Fetsa da Anguía (Valga)

Únese coa Mostra da Cana do País esta fin de semana. Haberá degustación de pratos e demostración do destilado tradicional de augardente.

Festa da Ameixa Vermella (A Illa de Arousa)

Desde o venres ata o domingo terá lugar nas carpas instaladas no porto do Xufre, todo amenizado con música tradicional.

Festa do Mar (Combarro, Poio)

O obxectivo é recuperar o espírito mariñeiro e degustar os produtos do mar. A praza da Chousa será o centro das celebracións con carpas gastronómicas para degustar produtos do mar. Non faltará o encontro de embarcacións nin a verbena con concertos como o dos Carunchos e Roi Casal.

Festas de San Bartolomeu (Noia)

A orquestra París de Noia actuará o domingo na súa vila de orixe, onde tamén estará Soraya. Ademais, a festa estará chea de actividades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar