Agride os axentes e rompe as fiestras do coche de policía en Poio
Agride os axentes e rompe as fiestras do coche de policía en Poio
O home, veciño de Vigo, lanzou patadas e cabezadas e mesmo chegou a romperlle as lentes a un dos axentes
A Policía Local de Poio detivo un veciño de Vigo polos problemas que estaba a causar nun bar da vila. Os axentes acudiron ao local porque o home se negaba a pagar as súas consumicións.
Cando chegaron, comezou a insultalos e púxose agresivo. Foi necesaria a actuación dunha segunda patrulla para detelo.
Xa fóra do local, o home lanzou patadas e cabezadas e mesmo chegou a romperlle as lentes a un dos axentes. Xa no coche policial, mantivo a mesma actitude e conseguiu romper as fiestras traseiras, e daquela os axentes tiveron que solicira unha ambulancia para que o atendesen.
Ten numerosos antecedentes e está a ser investigado agora por sete delitos, entre eles atentado, resistencia á autoridade e lesións.