Dous acusados en Vigo por agresión sexual coa agravante de abuso de superioridade
Dous acusados en Vigo por agresión sexual coa agravante de abuso de superioridade
A xuíza que instrúe o caso impútalles aos dous investigados o delito con agravante porque se aproveitaron de que a vítima estaba baixo os efectos do alcol
Os dous procesados permanecen en prisión provisional dende decembro de 2021
Dous mozos de orixe senegalesa supostamente violaron a unha moza de 18 anos nun piso da rúa Torrecedeira tras coñecela esa mesma noite nun local de copas da zona do Areal.
Á vista das probas practicadas, a xuíza imputa os dous investigados a presunta autoría dun delito de agresión sexual coa concorrencia da agravante de abuso de superioridade, xa que, para cometer os feitos, aproveitáronse de que a vítima estaba baixo os efectos do alcol.
As defensas dos presuntos agresores alegaron que as relacións sexuais foron consentidas, pero a credibilidade do testemuño da vítima derivou no seu día no ingreso en prisión dos dous homes.
A Policía Nacinal detívoos varios días despois dos feitos e as redes sociais foron claves na investigación feita para a identificación dos presuntos agresores.