Publicador de contidos
Publicador de contidos

As agresións a cinco axentes da Policía Local acrecentan a preocupación pola delicuencia en Ourense

As agresións a cinco axentes da Policía Local acrecentan a preocupación pola delicuencia en Ourense

Foron agredidos en dous servizos en diferentes barrios da cidade e un deles tivo que ser hospitalizado

Un mozo de 21 anos faleceu tras ser acoitelado o venres pasado

Axente tendido no chan e agresor inmobilizado no barrio ourensán do Vinteún
G24.gal 02/12/2024 16:15

Cinco axentes da Policía Local de Ourense acabaron feridos esta fin de semana realizando dous servizos en diferentes barrios da cidade. Un deles mesmo tivo que ser hospitalizado. Piden máis medios para afrontar o que consideran un aumento da delincuencia. Tamén a veciñanza está preocupada sobre todo despois de que falecera un mozo acoitelado.

Nunhas imaxes gravadas o venres pola noite por un veciño do barrio ourensán do Vinteún, vese como un axente está tendido na beirarrúa. A Policía Local estaba identificando un individuo, que presuntamente provocara un incidente de tráfico, e foi o que saíu peor parado, tivo que ser hospitalizado, pero tres axentes máis quedaron tamén feridos.

Na madrugada seguinte un quinto policía local foi presuntamente agredido na rúa Pena Corneira. Dous homes acabaron detidos por estes feitos.

Os veciños da cidade aprecian un incremento da violencia, xa que este non é o primeiro caso nos últimos días. Isto acontece despois de que o venres un mozo de 21 anos falecera acoitelado na zona dos viños, o presunto autor está xa en prisión preventiva.

A Policía Local de Ourense pide máis medios humanos e materiais ante o que ven como un aumento da delincuencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade