Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agricultores da Terra Chá comezan a sementar soia con fins comerciais

Agricultores da Terra Chá comezan a sementar soia con fins comerciais

Son 70 hectáreas que poden xerar unha facturación de 210.000 euros

O obxectivo é que as leiras dean dúas colleitas diferentes

G24.gal 06/10/2022 20:15 Última actualización 06/10/2022 20:35

Nunha leira botan a semente de colza que se recollerá en primavera.

Xa son varios os agricultores da Terra Chá que optaron por este cultivo.

Por un lado permite manter as leiras activas ata que se semente o millo e por outro abre posibilidades comerciais que ata agora non se estaban a aproveitar.

En total son unhas 70 hectáreas de terreo que poderían producir ata catro toneladas por hectárea que significarían uns ingresos de 210.000 euros.

A colza non precisa altas cantidades de fertilizante, resiste as xeadas e baixas temperaturas e non require rego.

Ata o de agora non se estaba a botar porque os agricultores optaban por sementar herba raigrass nos meses de outono e inverno.

A situación internacional fai máis precisa ca nunca a produción de alimento, e a colza pode chegar a ser constante e non un recurso momentáneo.

A colza é a segunda fonte principal de proteína na fabricación de pensos, só por detrás da soia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade