Agricultores reparten en Madrid amorodos de Huelva para reivindicar a súa calidade
Agricultores reparten en Madrid amorodos de Huelva para reivindicar a súa calidade
Tras a alerta por hepatite A detectada nesta froita procedente de Marrocos queren facer ver ao consumidor que a produción nesta provincia andaluza é "sa, segura e sostible"
A campaña quere potenciar o consumo de amorodos españois tras a alerta sanitaria por hepatite A detectada hai unha semana nesta froita procedente de Marrocos. A Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros repartiu 2.000 bandexas na Porta do Sol para demostrar que os amorodos de Huelva son "sans, seguros e sostibles".
"Somos o principal produtor de amorodo de Europa e practicamente do mundo. Queremos facer esta campaña para demostrar que podemos comer amorodos de Huelva con todas as garantías, que non hai ningún problema, que aquí hai máis controis que en ningún sitio e temos sempre vixilancia para que o noso produto estea sempre en perfectas condicións", asegura o vicesecretario xeral de UPA Andalucía.