Os tomates 'cherry' de Dexo reciben tres premios como os mellores de España
Os tomates 'cherry' de Dexo reciben tres premios como os mellores de España
Fran e Sonia, produtores de Lúa de Dexo, cultivan os seus tomates artesanalmente para obter o mellor sabor e calidade
Obtiveron o primeiro e o terceiro posto na categoría de mellor 'cherry' e o primeiro posto polo máis bonito no Festival do Tomate de Cantabria
Os mellores tomates cherry de España cultívanse en Dexo, na Coruña. Polo menos, son os mellores segundo o xurado do Festival do tomate de Cantabria, que acaba de darlle tres recoñecementos a esta pequena froita vermella que sae de Galicia.
Os produtores que gañaron estas distincións tomateiras son Fran e Sonia, verdadeiros apaixonados dos tomates que cultivan artesanalmente con moito agarimo buscando, din, a calidade e, sobre todo, importante, diferenciarse doutros produtos similares.
Gañaron o primeiro premio na categoría de mellor cherry cóctel coa súa variedade 'A Marola', o terceiro premio a mellor cherry cóctel co 'Mexilón de Lorbé' e o primeiro premio a tomate máis bonito co seu 'Purple Sonrise'.
Tres trofeos como os mellores tomates cherry de España, tras competir no Festival do Tomate de Cantabria con produtores de Francia, Italia, Portugal... A súa clave, cultivar artesanalmente, con diferenciación e calidade.
Fran define os seus tomates como "cherrys cun sabor completamente ao coñecido" con "sabores moi afroitados" e cunha pel "moi brandiña".
Sonia explica que cando un comeza nesta recolección de variedades, dáse conta de que "hai mil formas, tamaños e cores", polo que eles fixeron "un arco iris de case mil plantas".
Un triunfo de empresa familiar que recibe estes premios como un impulso á vida e prosperidade da terra.