Agustín Ubal: "Gustaríame seguir no Breogán a próxima campaña"
Agustín Ubal: "Gustaríame seguir no Breogán a próxima campaña"
O base foi presentado onte coma novo xogador do conxunto lucense
Chega cedido dende o Barcelona ata final de temporada, pero aspira a continuar no equipo celeste ó remate desta
O uruguaio xa estivo ás ordes de Mrsic nos partidos ante Joventut e Andorra da semana pasada
A última fichaxe do Breogán, o uruguaio Agustín Ubal , xogou onte Ao contraataque. O novo xogador celeste expresou a súa felicidade tras chegar a terras lucenses e os seus desexos para a súa etapa breoganista:
"O equipo deume unha grande acollida. Os compañeiros son xeniais. É un equipo moi interesante e con moito talento. Equipo pequeno, loitador e ambicioso. A ver se me axuda a desenvolverme coma xogador e podo botarlle unha man para os obxetivos do club. Como xogador gústame anotar moito e xerar. Podo xogar de base ou de escolta e se gaño quilos mesmo podo evolucionar ó tres. Granger e Fittipaldo son referentes para min. Gustaríame seguir a próxima campaña. Gústame a estabilidade e creo que este equipo ten potencial como para quedar unha temporada. A ver tamén o meu rendemento e se está de acordo o club".