Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aida, das Tanxugueiras, xa está en Benidorm

Aida, das Tanxugueiras, xa está en Benidorm

O primeiro ensaio en Benidorm foi de Sabela e Aida sen Olaia

Un enorme cartel ironiza sobre a dificultade á hora de pronunciar o nome do grupo

G24.gal 24/01/2022 15:55 Última actualización 21:00

Aida Tarrío chegou hoxe a Benidorm para o ensaio xeral da tarde, ao cal tamén se incorporará Olaia Maneiro nas próximas horas.

A maior parte do equipo atópase xa desde onte en Benidorm para facer as primeiras probas de vestiario, maquillaxe e posición para crear unha proposta “que conxuga o tradicional co contemporáneo en todos os seus elementos”.

Tanxugueiras presentará este mércores ás 22:40 no Benidorm Fest o seu tema "Terra" en directo, que competirá por ser a candidata para representar España en Eurovisión 2022. 

“Estamos moi agradecidas por todo o cariño das e dos eurofans e do público. Acompáñanos un equipo fantástico e esperamos devolverlle á xente co noso directo toda a enerxía que nos está transmitindo”.

O directo presentarase cunha posta en escena liderada por Aida Tarrío, Sabela e Olaia Maneiro acompañadas por un grupo de artistas, fundamentalmente de Galicia, baixo a dirección da escenógrafa Laura Iturralde e a coordinación xeral de PlayPlan Cultural, quen tamén asume a dirección de produción.

No Palau L’Illa, a profesora de danza Silvia Iria Miramontes coordinará os movementos de Tanxugueiras e o coreógrafo e bailarín Fran Sieira é o responsable de deseñar o baile do equipo que estará sobre o escenario.

O espectáculo completarao o músico e produtor Iago Pico (responsable de Pouland Studios e co-autor, con Tanxugueiras, de Terra) á fronte da percusión electrónica.

O vestiario é obra do deseñador ourensán Jorge de Álvarez (finalista nos Premios Nacionais á Moda no 2021), mentres que a maquillaxe será unha proposta de Miguel Bling (director de You Glow Salon e equipo habitual nos programas Gen Playz e Dulces y Saladas).

Por último, o espectáculo completarase con audiovisuais da artista visual e creativa galega Marta Verde (profesora no Berklee Collage of Music de Valencia).

Para a pronuncia tampouco hai fronteiras

Tanxugueiras compartiu na súa conta de Twitter un enorme cartel que ironiza coa dificultade que presentan algunhas persoas á hora de pronunciar o nome do grupo. No cartel pode lerse "Ata para os nomes máis chungos de pronunciar non hai fronteiras".

Aida, Olaia e Sabela comentaban que o nome do seu grupo era pronunciado con variacións en numerosas ocasións, pero din: "Non pasa nada, queremos escoitarvos!".

Primeiro ensaio

O primeiro ensaio do grupo foi sen Olaia, pero o equipo amósase moi satisfeito. Sabela e Aida están xa en Benidorm e esta tarde ensaiaron o tema "Terra". Cualifican esta primeira toma de contacto na cidade de "brutal".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade