Publicador de contidos
Publicador de contidos

Air Europa cancela quince voos pola folga de pilotos

Air Europa cancela quince voos pola folga de pilotos

A compañía ofrece tres alternativas aos clientes afectados, en ningunha considera a devolución do importe pagado

G24.gal 19/06/2023 08:14

Air Europa cancelou para este luns quince voos da súa programación, nunha nova xornada de folga dos seus pilotos, que se prolongará ata o próximo 2 de xullo.

Esta nova quenda de paros convocada polo Sindicato Español de Pilotos de Liñas Aéreas (SEPLA) está prevista para hoxe 19 de xuño, e os días 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30 do mesmo mes, e 1, 2 de xullo de 2023.

Os voos cancelados hoxe afectan os roteiros nacionais que enlazan Madrid con Bilbao, Palma de Mallorca, Málaga, un voo de Barcelona a Palma de Mallorca e viceversa.

Os voos internacionais cancelados afectan o roteiro Madrid-París-Orly, Asunción-Madrid ou Madrid-Córdoba (Arxentina).

A compañía ofrece tres alternativas aos clientes afectados, a primeira das cales é a posibilidade de cambiar de data para voar nos 30 días posteriores e na mesma ruta.

As outras dúas son cambiar de ruta a outro destino operado por Air Europa dentro dos tres días anteriores ou posteriores á data orixinal do seu voo ou gardar o importe do billete para usalo como crédito nunha compra futura para calquera aeroporto operado pola aerolínea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade