Publicador de contidos
Publicador de contidos

Albares di que España non priorizará o catalán sobre o éuscaro e o galego na UE, segundo o PNV

Albares di que España non priorizará o catalán sobre o éuscaro e o galego na UE, segundo o PNV

Albares manifestara a vontade do Goberno de despregar primeiro o uso do catalán na Unión Europea

G24.gal 21/09/2023 09:24

O portavoz do PNV no Congreso Aitor Esteban asegurou que o ministro de Exteriores José Manuel Albares lle trasladou que a petición para que o éuscaro, o catalán e o galego sexa linguas oficiais na Unión Europea é para "as tres linguas en conxunto".

Albares manifestara a vontade do Goberno de despregar primeiro o uso do catalán na Unión Europea, antes que o galego e o éuscaro, á condición de que a UE aprobase primeiro a oficialidade das tres linguas.

Nunha entrevista en Radio Euskadi, Esteban explicou, este mércores pola noite, que o ministro de Exteriores lle asegurou que a resolución aprobada "non fai referencia a esa prioridade" e transmitiulle: "Agora ábrese un período de exame xurídico dun único informe para os tres idiomas e despois pasaríase a unha fase de implementación".

"A petición e a autorización é para os tres idiomas en conxunto, e o exame das autoridades europeas é para os tres idiomas en conxunto, iso é o que me asegurou", remarcou Esteban.

O lehendakari Iñigo Urkullu sinalara horas antes que as declaracións de Albares "non lle gustaban nada" e afirmou que o posicionamento do Goberno español en funcións de tentar priorizar a despregadura do catalán na UE "marca unha prioridade con tinguidura política para a investidura" do candidato do PSOE Pedro Sánchez para repetir como presidente español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade