Alberto Garzón non repetirá como candidato nas eleccións xerais do 23 de xullo
Alberto Garzón non repetirá como candidato nas eleccións xerais do 23 de xullo
O ministro de Consumo e coordinador federal de EU Alberto Garzón non repetirá como candidato nas eleccións xerais do próximo 23 de xullo, aínda que seguirá á fronte do partido e participará na campaña axudando o Movemento Sumar, que lidera a vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz.
Garzón cambiará deste xeito o seu rol político na próxima lexislatura e non se presentará como deputado, unha decisión que comunicou á dirección do partido e a Díaz o pasado martes, tras coñecer o adianto electoral para o 23X.
O titular de Consumo considera que a nova etapa impulsada por Sumar necesita novos perfís e seguirá apoiando o proxecto desde a coordinación federal de EU.
Garzón leva doce anos en primeira liña, participou no 15M e foi o deputado máis novo nas eleccións de 2011.
A vicepresidenta segunda, a ferrolá Yolanda Díaz, aplaudiu este venres a Alberto Garzón polo seu "compromiso e valentía" para cambiar as cousas, despois de anunciar o ministro de Consumo e líder de EU que non se presentará ás eleccións xerais do 23 de xullo pero que se implicará con Sumar en campaña: "Seguiremos traballando xuntos".
He admirado siempre tu templanza y generosidad, tu manera de hacer política y de defender a las personas trabajadoras.
— Yolanda Díaz (@Yolanda_Diaz_) June 2, 2023
El compromiso y la valentía para cambiar las cosas nunca dejan la primera línea. Seguiremos trabajando juntos. Gracias, Alberto❤️ https://t.co/ljyCe26NIM