Alberto López "O partido do martes é moito máis que fútbol"
Alberto López "O partido do martes é moito máis que fútbol"
A selección galega e o Miño disputan un partido en beneficio dunha familia que perdeu a casa nun incendio
A selección galega disputará a próxima semana o segundo encontro amigable e moi especial. Será o martes día 21 de novembro a partir das 19 horas no campo de Gallamonde ante a A. D. Miño da Preferente Galicia.
O choque amigable ante a AD Miño e a Selección Galega UEFA terá un carácter solidario. O obxectivo non é outro que recadar fondos para axudar á rehabilitación da casa de Sombreu afectada por un incendio no outubro do ano 2022, unha traxedia que se cobrou a vida dunha muller de 60 anos. Alberto López é o presidente do equipo miñés.
"O partido do martes é moito máis que fútbol. Queremos que toda a poboación e arredores se entregue con esta causa para recadar o máximo posible para reconstruír a vivenda desta familia que tivo esta desgraza. Desde xaneiro deste ano puxémonos en contacto co Concello para facer algo. A mala sorte cebouse con esta familia, que ademais está moi vencellada ao noso club. Son parte nosa. Queremos que haxa o máximo posible de xente no campo".