Coa incorporación de Lucas Pérez e Diego Villares, a selección galega xa está ao completo
Coa incorporación de Lucas Pérez e Diego Villares, a selección galega xa está ao completo
Balaídos xa ten vendidas o 75 % das localidades e agárdase un grande ambiente ante Panamá
Para aqueles que non poidan ir, que saiban que o partido se poderá ver na Televisión de Galicia ás 20:00 horas
Coa incorporación de Lucas Pérez e Diego Villares, a selección galega xa está ao completo para xogar ante Panamá.
Pasaron oito anos e dez días desde o último partido amigable da selección galega. Daquela foi en Riazor e diante de Venezuela (1-1). Neste 2024 volve xuntarse a Irmandiña para enfrontarse a Panamá, un combinado que está a preparar a participación na vindeira edición da Copa América.
Partidos da selección galega; 2005 contra O Uruguai (3-2), 2006 contra Ecuador (1-1), 2007 contra O Camerún (1-1), 2008 contra Irán (3-2) e 2016 contra Venezuela (1-1).
Faltarán xogadores ilustres do fútbol galego por compromisos cos seus clubs (Joselu, Lucas Vázquez, Brais Méndez, Dani Rodríguez, Borja Iglesias, etc.) pero Galicia presentará un equipo de primeiro nivel para competir. Son 23 os xogadores liderados por Iago Aspas e Lucas Pérez, emblemas de Celta e Deportivo na última década. Derrador deles un grupo de xogadores de calidade contrastada (Héber, Álex López, Íker Losada ...) e con pingas de xuventude do futuro do noso fútbol (Lucas Taibo, Álvaro Carreras).
Balaídos xa ten vendidas o 75 % das localidades e agárdase un grande ambiente no estadio onde o Celta xoga os seus partidos como local. Para aqueles que non poidan ir, que saiban que o partido se poderá ver na Televisión de Galicia ás 20:00 horas.