Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección galega celebrou o seu regreso con derrota diante de Panamá (0-2)

A selección galega celebrou o seu regreso con derrota diante de Panamá (0-2)

O equipo americano, que prepara a Copa América, demostrou estar moito máis conxuntado

Só Aspas, por lesión, quedou sen xogar en Balaídos

G24.gal 31/05/2024 21:53

A selección galega regresou despois de oito anos con derrota diante de Panamá (0-2). O partido foi unha festa desde o inicio co himno das Tanxugueiras ata o remate. Bo ambiente en Balaídos nunha xornada festiva no feudo vigués. 

O partido comezou coa mala nova das molestias de Iago Aspas que ía ser titular pero notou un problema no quecemento. Estivo moi voluntarioso o equipo galego, liderado por Lucas Pérez, pero foi Panamá a que se adiantou cun penalti marcado por Eric Davis. 

Antes do descanso chegaría o segundo tanto, que anotou o defensa Roderick Miller despois dun córner. O partido converteuse nun carrusel de trocos e na segunda parte baixou moito o ritmo. Galicia estaba liderada en ataque por Miguel Rodríguez pero faltaba o gol. Chegou a pouco do final cunha cabezada de Ger Nóvoa pero o tanto foille anulado ao xogador do Arenteiro por un fóra de xogo inexistente. 

Ao final ledicia total no campo. Faltou o resultado pero era o de menos. O importante foi o regreso da Irmandiña aos terreos de xogo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar