Publicador de contidos
Publicador de contidos

As seleccións galegas de fútbol sala volven cun amigable contra Cataluña

As seleccións galegas de fútbol sala volven cun amigable contra Cataluña

Os partidos xogaránse este mércores, día de Cataluña, en Santa Coloma de Gramanet

Galicia presenta dous equipos moi competitivos adestrados por Diego Ríos e Bea Seijas

G24.gal 10/09/2024 21:36

As seleccións galegas de fútbol sala volven xuntarse para disputar un amigale contra Cataluña este mércores. Os partidos xogaranse en Santa Coloma de Gramanet e poderán verse pola G2 e agalega.gal. O feminino comezará ás 13:00 horas e o masculino ás 16:00 horas. 

Galicia é unha potencia no fútbol sala feminino, con varios dos equipos máis poderosos da máxima categoría —Burela, Poio, Ourense— e sempre está representada na selección española. De feito, as catro estrelas do fútbol sala galego atópanse coa selección española (Ale de Paz, Luci, Vane Sotelo e Antía Pérez). Aínda así, a adestradora Bea Seijas sacará un equipo moi competitivo formado na súa práctica totalidade por xogadoras de Primeira. Cris (Burela), Marta e Candela (Poio), Chiky, Marta, Ana Rivera ou Judith (Ourense) son nomes de primeiro nivel no fútbol sala español. 

O equipo masculino estará adestrado por Diego Ríos. Capitaneado polo mítico porteiro Edu, e cunha boa presenza de xogadores do Burela (Pitero, Isma) e Noia (David Pazos, Pirata, Rubi Lemos), os dous equipos galegos que están na LNFS. Xunto a eles, lendas deste deporte como Adri Martínez Vara, Iago Rodríguez, Álex Diz ou Iván Rumbo seguro que lles van poñer as cousas moi difíciles aos cataláns. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar