Publicador de contidos
Publicador de contidos

Da selección galega á selección sub-21

Da selección galega á selección sub-21

Hugo Novoa, Álvaro Carreras e Damián Rodríguez recrean no combinado nacional unha foto de cando xogaban xuntos na selección galega en 2015

Foto RFEF
G24.gal 10/09/2024 14:06 Última actualización 10/09/2024 17:28

A vida dá moitas voltas, e senón que llelo digan a Hugo Novoa, Álvaro Carreras e Damián Rodríguez. Os internacionais sub-21 volven coincidir na concentración do combinado nacional tras xogar xuntos os Campionatos Autonómicos con Galicia alá polo ano 2015.

Unha bonita coincidencia que ademais nos deixa unha fotografía que os futbolistas volveron recrear nove anos despois. Dan a volta ás fotografías e as súas caras mostran primeiro asombro e logo risas, por "as pintas", o chándal da época e o resto de compañeiros e amigos cos que tamén compartiron vestiario cando eran uns nenos.

Todos teñen recordos daquela época ao visualizar as instantáneas, o máis certeiro Damián que lembra practicamente todo e mesmo dá detalles que Novoa e Carreras esqueceran.

Aínda que neste caso máis aló da coincidencia xúntanse os anos de traballo, esforzo, dedicación e sacrificio que permitiron a estes xogadores volver compartir vestiario na selección española sub-21, tal e como o fixeron no seu día coas cores da súa Galicia natal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos