Alberto Núñez Feijóo recibe o apoio de feministas como Amelia Valcárcel
Alberto Núñez Feijóo recibe o apoio de feministas como Amelia Valcárcel
A catedrática agradeceu ao PP que apoiase a reforma da lei do só si é si
O presidente do Partido Popular Alberto Núñez Feijoo reuníuse este martes con feministas históricas como Amelia Válcarcel, Mabel Lozano ou Montserrat Iglesias.
Foi nun cliclo organizado pola fundación do PP Reformismo21 sobre os riscos para menores e os retos do feminismo.
A que fora membro do Consello de Estado Amelia Válcarcel quixo agradecerlle ao dirixente popular o seu papel na modificación da lei do só sí é sí e amosoulle o seu apoio por "facer unha política feminista eficaz".
Gracias por tu confianza, @AmeliaValcarcel.
— Alberto Núñez Feijóo (@NunezFeijoo) June 20, 2023
Con políticas de Estado, entre todos avanzaremos en la igualdad real y en la protección de las mujeres y de las niñas. pic.twitter.com/fLGuZKTV7K