Alberto Ojeda presenta 'Cuero contra Plomo. Fútbol y sangre en el verano del 82'
Alberto Ojeda presenta 'Cuero contra Plomo. Fútbol y sangre en el verano del 82'
O primeiro capítulo está ambientado en Balaídos, durante a cita mundialista do ano 1982
Hai xa corenta anos daquel Mundial en España que fixo famoso a Naranjito. E xusto un día antes do comezo do máximo torneo internacional do balompé en Qatar, o Galicia en goles quixo tirar de nostalxia. Falamos con Alberto Ojeda, que presenta nestes días a súa obra "Cuero contra Plomo. Fútbol y sangre en el verano del 82". Nesta obra Ojeda amosa a realidade política e social dun país recentemente chegado á democracia e cun arrinque moi galego: o primeiro episodio está ambientado en Balaídos.
"Curiosamente Naranjito foi unha mascota moi polémica porque unha parte da sociedade española pensaba que tiraba de demasiados tópicos. Agora, fíxate, é unha icona pop. En Galicia foi onde xogou Italia, en Balaídos e foi un desempeño mediocre e pintaba moi mal. Logo enderezou o rumbo. Alí se xestou o espíritu da azzurra. Foi onde se conxugaron para acadar o título. O libro pon fronte a fronte os anos de chumbo de España cos de Italia, por mor do terrorismo".