Alberto Varela, reelixido presidente da Fegamp tras un pleno tenso
Alberto Varela, reelixido presidente da Fegamp tras un pleno tenso
O alcalde socialista de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, é reelixido presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para os próximos catro anos, na XI asemblea xeral da organización.
A maioría socialista impúxose con 740 votos aos 627 recabados pola candidatura popular. Esta representada polo popular e alcalde do Incio, Héctor Corujo. Pola súa parte, a do BNG co rexedor de San Sadurniño á cabeza, Secundino García, obtivo 204 votos. Todo sobre un total de 1.614 votos emitidos.
Con todo, Alberto Varela continuará catro anos máis ao mando da organización representante dos 313 concellos e as catro diputacións galegas.
O novo presidente convírtese no primeiro en encadear dúas lexislaturas. Así, comprometeuse a traballar para mellorar os canais de financiación dos concellos, polo que solicitará á Xunta un incremento do fondo local de cooperación. Tamén, pide delimitar as competencias entre concellos e Xunta e remarca a urxencia que viven os concellos.
A elección chega tras unha asemblea con polémica, pois presentouse certa tensión e acusacións entre os integrantes do PSdeG e os do PPdeG. A causa é que se establecera o consenso de concorrer cunha lista única á asemblea, mais os populares romperon o trato presentando una proposta propia. A xustificación dada polo Partido Popular foi o "uso partidista" que o grupo socialista fixo da entidade.
Incluso, escoitáronse abucheos cando lle tocou intervir ao vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo. Unha intervención na que reprochou as desigualdades que o Goberno central mantén en España ao facer diferencias entre as comunidades autónomas.