Aldealista, unha aplicación móbil que está a encher de vida as aldeas
Aldealista, unha aplicación móbil que está a encher de vida as aldeas
Un veciño da aldea de Castiñeiro puxo en marcha esta iniciativa e desde a pandemia xa se censaron sete novos habitantes
Á xente que desexa emprender no rural os seus proxectos de vida, a aplicación móbil Aldealista facilítalles a busca dunha casa para alugar ou mercar en máis de 200 municipios galegos.
Trátase dunha aplicación pioneira lanzada desde unha aldea de San Xoán de Río e que xa está conseguindo que volvan encherse de vida localidades que estaban practicamente despoboadas.
Por exemplo, na aldea de Castiñeiro antes da pandemia non había ningún veciño censado e agora xa son sete. É un xeito de fixar poboación e tamén de promover o emprendemento no rural.
A conselleira de Promoción e Emprego, Elena Rivo, acompañada polo director xeral de Turismo e o alcalde de San Xoán de Río, estivo coñecendo este proxecto da man do seu promotor, Juan Carlos Pérez. O seu obxectivo é promover o amor polo rural galego.