Aldealista, unha aplicación que promove o amor polo rural galego
Aldealista, unha aplicación que promove o amor polo rural galego
Unha aplicación para o móbil lanzada desde unha aldea do Concello ourensán de San Xoán de Río permite conectar as persoas que queren unha casa no rural coas localidades que buscan novos veciños
É o caso dunha parella de Benidorm, que se namourou dunha casa e agora xa está vivindo no municipio da montaña ourensá
Unhas baldosas instaladas nas casas dos concellos permiten ofrecer os recusros turísticos e as vivendas que se poden alugar ou mercar nese municipio
Unha aplicación para o móbil lanzada desde unha aldea do Concello ourensán de San Xoán de Río permite conectar as persoas que queren unha casa no rural coas localidades que buscan novos veciños. Chámase Aldealista e funciona dun xeito moi semellante ao das aplicacións de citas e, como no caso dunha parella de Benidorm, ás veces xorde o amor por unha vivenda.
Grazas á aplicación Aldealista, Juan Carlos e Zaira namoraron desta casa en San Xoán de Río, alugárona e, desde hai uns días, xa son uns veciños máis deste municipio da montaña ourensá.
Mudaron un piso no andar 24 na cidade da costa mediterránea por unha nova vida en San Xoán de Río. Todo un cambio, co que din que están moi ilusionados.
Ademais do novo seu proxecto de vida no rural tamén van continuar co seu proxecto empresarial de cosmética sólida ecolóxica para a que van empregar produtos galegos como a castaña.
E cada vez son máis os concellos que se suman á iniciativa de Aldealista, que naceu na aldea de Castiñeiro, impulsada por Juan Carlos Pérez, e nas placas que se van instalar nas casas consistoriais os usuarios poden acceder co mobil a todos os recursos que ofrece ao visitante e aos posibles novos veciños.