Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alemaña recorrerá ao carbón para xerar electricidade e non depender do gas ruso

Alemaña recorrerá ao carbón para xerar electricidade e non depender do gas ruso

O Goberno alemán, que tiña previsto abandonar este combustible en 2030, reactivará agora as súas vellas plantas de carbón para garantir a subministración enerxética

G24.gal 20/06/2022 08:23

Alemaña anunciou medidas adicionais para reducir a súa dependencia do gas ruso que emprega na industria e para xerar electricidade.

O Goberno alemán, que tiña previsto abandonar este combustible en 2030, reactivará agora as súas vellas plantas de carbón para garantir a subministración enerxética.

Con esta decisión, anunciada polo ministro de Economía, busca acelerar o enchido dos depósitos de gas de reserva para chegar ao outono case ao cen por cento de capacidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade