Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta amarela por fortes chuvias este venres nas provincias da Coruña e Pontevedra

Alerta amarela por fortes chuvias este venres nas provincias da Coruña e Pontevedra

A alerta comeza ás 12

Poden superarse os 15 litros por metro cadrado nunha hora e os 40 litros por metro cadrado en 12 horas

G24.gal 06/09/2024 08:39

As provincias da Coruña e Pontevedra estarán este venres desde o mediodía en alerta amarela por choivas, segundo a AEMET.

Ante o prognóstico de choiva, que pode superar os 15 litros por metro cadrado nunha hora e os 40 litros por metro cadrado en 12 horas, a alerta comezará ás 12.00 nas dúas provincias e estenderase ata a medianoite.

Desta forma, a xornada do venres será de inestabilidade atmosférica pola presenza dun embolsamento de aire frío en altura.

Con esta situación, os ceos estarán parcialmente cubertos, con choivas que comezarán pola mañá na provincia da Coruña e chegarán durante o día ao resto de Galicia.

En canto ás temperaturas, sufrirán un moderado descenso, o vento soprará de suroeste moderado e cambiará a noroeste ao final do día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade