Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta por chuvia e tormentas nunha trintena de provincias da metade norte peninsular

Alerta por chuvia e tormentas nunha trintena de provincias da metade norte peninsular

En case todas o nivel de alerta é amarelo, pero en Tarragona e Castelló sobe a laranxa xa que se agardan precipitacións acumuladas de ata 40 litros por metro cadrado nunha hora

G24.gal 20/09/2024 14:08

A metade norte da península permanece este venres en alerta por tormentas e chuvia que poderían deixar ata 40 litros por metro cadrado nunha hora. Na costa de Castelló e Tarragona o nivel de alerta é laranxa.

Unha trintena de provincias permanecen en alerta por fortes tormentas e chuvias, todas elas na metade norte peninsular. En case todas o nivel de alerta é amarelo, pero en Tarragona e Castelló sobe a laranxa xa que se agardan precipitacións acumuladas de ata 40 litros por metro cadrado nunha hora.

Choverá tamén con forza en Aragón, sobre todo nas comarcas de Jiloca, Albarracín, Gúdar e Maestrazgo onde as acumulacións serán de 20 litros por metro cadrado. Na comunidade de Madrid, onde na tarde anterior rexistráronse inundacións importantes, volverán as precipitacións e poderían recollerse ata 15 litros de chuvia por metro cadrado nunha hora.

A situación manterase practicamente igual o sábado e non será ata o domingo cando chegue unha lixeira melloría que non se prolongará moito xa que o martes entra unha nova borrasca desde o Atlántico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar