Cargando resultados...
Unha trintena de artesáns da olería xúntanse na vila coruñesa de Santa Cruz
Unha trintena de artesáns da olería xúntanse na vila coruñesa de Santa Cruz
A feira Alfaroleiros fai 30 anos
G24.gal
08/08/2024 14:18
O concello Coruñés de Oleiros acolle ata o domingo a XXX edición da feira de olería, máis coñecida como Alfaroleiros. Un ano máis, case unha trintena de oleiros chegados de diferentes puntos da Península xúntanse no municipio para sementar o parque Luís Seoane de tradición e bo facer.
Polo seu carácter específico, é unha feira que combina tradición e bo facer. Convida oleiros tradicionais de diferentes puntos da Península Ibérica, que ou ben son únicos na súa zona no traballo oleiro ou ben son dos máis significativos en canto á calidade e pureza das pezas que amosan nesta feira.
Paralelamente, no parque Luís Seoane e na praza Esther Pita desenvolveranse obradoiros, concertos e espectáculos de rúa.