Alfonso Rueda exerce como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo
Alfonso Rueda exerce como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo
Pódese ver en directo na TVG e na web G24 dende as 10:30
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exerce como delegado rexio na tradicional Ofrenda ao Apóstolo con motivo da festividade de Santiago. Tamén estará o líder do PP Alberto Núñez Feijóo.
A Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago foi instituida en 1643 por Felipe IV e, ao longo dos anos, mantívose a tradición de que reis, xefes de Estado ou personalidades coas máis altas responsabilidades rendan homenaxe ao Patrón das Españas para pedir a súa intercesión en asuntos de actualidade ou de preocupación colectiva.
O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, será o encargado de presidir a celebración, que arrincará ás 10,00 horas deste martes na Praza do Obradoiro, cunha cerimonia civil e pase de revista ás tropas. A esa mesma hora iniciará a procesión do Padroado, que sairá pola porta de Praterías para encamiñarse cara á praza do Obradoiro.
Posteriormente, a procesión relixiosa e a civil uniranse para acceder á catedral, onde se celebrará unha misa con Ofrenda ao Apóstolo Santiago, Para concluír os actos, haberá unha recepción no Pazo de Raxoi.