Algunhas gasolineiras non poden asumir o adianto dos descontos
Algunhas gasolineiras non poden asumir o adianto dos descontos
As estacións de servizo teñen que anticipar uns mil euros diarios por mor dos descontos á clientela
Varias gasolineiras decidiron non abrir este sábado as súas portas á clientela. É o caso dunha estación de servizo situada en Paramos, no concello do Val do Dubra, preto de Santiago de Compostela.
Leva pechada dende o venres. O seu dono di que non pode asumir os gastos de adaptación informática nin adiantar os cartos que supón a aplicación dos descontos do Goberno.
Que abra este luns dependerá da celeridade coa que retornen aos empresarios as cantidades avanzadas.
Dende a Federación Galega de Estacións de Servizo aseguran que, de media, cada gasolineira ten que poñer das súas contas cerca de mil euros diarios, polo que os propietarios máis pequenos poden ter problemas de solvencia cara a fin de mes.