Cargando resultados...
Allariz ambienta as rúas con escenas de cemiterios e defuntos polo Samaín
Allariz ambienta as rúas con escenas de cemiterios e defuntos polo Samaín
G24.gal
31/10/2021 22:53
As arañas traballaron arreo na zona histórica de Allariz, convertida nunha vila pantasma onde meigas e esqueletos axexan desde os portais.
O concello, coas portas e ventás tapiadas, semella conxelado no tempo.
E no adro da igrexa de Santiago, un cemiterio outonal cobra vida, coa Santa Compaña desfilando entre as lápidas.
Moita xente de fóra visita Allariz no Samaín. Pero tamén os que se criaron aquí e teñen estes espazos asociados a vellos recordos.
As cabazas do Samaín, concibidas para alumear o camiño de volta dos defuntos, conviven en Allariz coas ánimas dos antigos poboadores, humanos e tamén animais.
Malia as cariñas de susto, non todo é medo. Ata os máis cativos conectan cos espíritos dos defuntos.