Publicador de contidos
Publicador de contidos

Almeida dimite como voceiro nacional do PP

G24.gal 22/02/2022 12:25

O alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, anunciou este martes que el e Pablo Casado decidiron "de común acordo" cesar nas súas funcións como voceiro nacional do PP.

O rexedor madrileño fixo este anuncio en declaracións aos xornalistas durante o pleno do Concello, despois de que onte, luns, se trasladara desde fontes da súa contorna a súa vontade de deixar este cargo no PP nacional para poder "concentrarse no seu traballo" como alcalde.

Almeida asegurou que é un tema do que leva "meses" falando con Casado, a quen agradeceu a súa "confianza" para ocupar este posto.

O alcalde de Madrid toma esta decisión no medio da crise aberta no PP entre o líder do partido, Pablo Casado, e a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, en que Almeida se viu afectado por unha suposta espionaxe a Ayuso a través dunha empresa municipal madrileña.

Dimite Ana Vázquez Blanco como secretaria nacional de Emigración do PP

Tamén dimitiu esta mañá a deputada ourensá no Congreso dos deputados, Ana Vázquez Blanco, como responsable do PP Exterior. Ana Vázquez Blanco puxo o seu cargo de secretaria nacional de Emigración do PP a disposición do seu partido a través dun chío na súa conta persoal de Twitter

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade