Alumnado de primaria dun colexio de Ourense aprende primeiros auxilios
Alumnado de primaria dun colexio de Ourense aprende primeiros auxilios
Con clases teóricas e xogos prácticos aprenden a resolver de xeito autónomo problemas de saúde sinxelos
Pola semana da saúde, o Sergas organiza en Ourense varios programas para diferentes cursos
Os alumnos de primaria dun colexio publico de Ourense, o CEIP Albino Núñez, asisten a un curso de primeiros auxilios.
Impárteno enfermeiras e enfermeiros de Atención Primaria do Sergas e ten como finalidade que os pequechos saiban resolver de xeito autónomo problemas de saúde sinxelos.
E vaia se aprenderon! Xa saben como tratar queimaduras, limpar e desinfectar feridas, poñer unha venda e mesmo probaron a facer coas súas peluches manobras de reanimación cardiopulmonar.
3.000 escolares de Ourense benefícianse dos diferentes programas de saúde escolar que desenvolve Atención Primaria.