Cargando resultados...
Álvaro de la Vega, escultor: "No ser humano o gozo sempre vai mesturado co sufrimento"
Álvaro de la Vega, escultor: "No ser humano o gozo sempre vai mesturado co sufrimento"
A mostra 'Oxímoron, a árbore da vida' está aberta no C. C. Marcos Valcárcel de Ourense
Nela reúnense 375 pezas que foi elaborando nos últimos 10 anos
A árbore da vida é unha alegoría sobre as idades da vida do ser humano
G24.gal
01/02/2022 16:35
A machada é unha ferramenta que tanto vale para destruír como para crear, pero que nas mans e no golpe sempre certeiro e sabio do escultor Álvaro de la Vega xera vida. O resultado é unha obra escultórica moi poética que convida á reflexión. Alegre, vital, activa e onde a dualidade está presente; mesmo ás veces o espectador é parte ou serve para completar a escena.