Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álvaro Giménez seguirá marcando goles coa camisola do Rácing

Álvaro Giménez seguirá marcando goles coa camisola do Rácing

Era unha prioridade para o corpo técnico renovar o dianteiro que fixo 11 goles na 23-24

G24.gal 28/06/2024 19:34

Álvaro Giménez seguirá marcando goles coa camisola do Rácing. O club e o xogador chegaron a un acordo para ampliar o contrato logo do exitoso campionato pasado. Giménez viña de estar un ano en branco no Cádiz (só xogou 1 partido) e na Malata atopou as mellores sensacións da súa carreira.

Tardou en coller a forma pero cando o fixo amosouse como un dianteiro imparable. Estivo, con 11 goles, entre os mellores dianteiros da categoría (no Top11) e goles como o do Zaragoza, Valladolid ou Huesca serviron para amarrar vitorias fundamentais. 

O xogador ilicitano priorizou a boa sintonía co club e a cidade antes que outras ofertas, pode que meirandes no aspecto económico. O Rácing garante un dianteiro de primeiro nivel, unha figura moi importante en calquera equipo da Segunda División. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos