Álvaro Rey di que levaba tempo cun "idilio" co Deportivo
Álvaro Rey di que levaba tempo cun "idilio" co Deportivo
Xa coincidiu con Borja Jiménez no Mirandés
Á espera de poder poñer a camiseta en partido oficial, Álvaro Rey foi presentado este mércores como novo xogador do Deportivo.
O sevillano mostrouse ilusionado por esta nova aventura e recoñece que é unha relación que vén construíndose de lonxe: "Levamos un tempo xa. Como dicía o presi, levamos tempo nun idilio co Deportivo. Que se veño, que se non veño. Estiven a piques de vir no verán e agora foi a miña prioridade. Tiña unha oferta de Segunda e algún interese máis, pero levo tempo coqueteando co Deportivo. Sempre me encantou este club. É de Primeira, aínda que, por desgraza, estea na situación que está en canto a categoría".
Recoñece o centrocampista que houbo dous factores diferenciais; a grandeza da entidade e a presenza de Borja Jiménez: “Todos sabemos o que significa o Deportivo no fútbol español. É un grande. Son moi futboleiro e desde pequeno seguino, sempre simpaticei. E desde que saíu que podía vir… e claro, estando Borja máis aínda. Teño moi boa relación con el e estou contento. Xa me coñece da miña etapa no Mirandés e grazas a el todo foi máis fácil”.
#OSNOSOS | Aquí podes ver a primeira rolda de prensa de Álvaro Rey como xogador do #Dépor, esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo https://t.co/NPGPTv6Qpu pic.twitter.com/GEhNR08HGa
— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 12, 2022