Alvite, a aldea de Beariz que pasou do abandono a contar con máis dunha vintena de veciños
Alvite, a aldea de Beariz que pasou do abandono a contar con máis dunha vintena de veciños
Unha casa de turismo rural foi a primeira vivenda rehabilitada hai tres décadas. Agora conta con 27 casas remozadas e marca turística propia
Anselmo Rial está no xermolo do que hoxe é Alvite.
Hai tres décadas, xunto cun socio orixinario da aldea, decidiron rehabilitar varios inmobles para pór en marcha unha casa rural.
Ao abeiro do turismo, pouco a pouco empezáronse a acondicionar máis vivendas, moitos emigrantes que teñen as súas raíces na zona, pero tamén xente de fóra que mercou e rehabilitou.
En 2014, cando Carlos Gulías, presidente da Asociación de Veciños, chegou a Alvite tan só eran catro veciños.
Hoxe, afirman, son 21 residentes habituais, que chegan aos 40 durante o verán.
Contan cunha páxina web para dar a coñecer a vida da aldea e tamén a oferta inmobiliaria.
Do medio cento de vivendas que hai, xa son 27 as rehabilitadas.