Revitalizar a aldea de Meaus, en Baltar, con proxectos Erasmus nos que participan mozos europeos
Revitalizar a aldea de Meaus, en Baltar, con proxectos Erasmus nos que participan mozos europeos
É a iniciativa dun veciño, Javier Morales, que hai catro anos deixou Cataluña co obxectivo de evitar que o lugar onde ten as súas raíces acabase desaparecendo
Daniele é de Roma. Hai xa meses que cambiou a cidade pola pequena aldea de Meaus, grazas a un proxecto Erasmus.
Coma el, outros mozos europeos comparten vida cos veciños desta aldea e coñecen como é o traballo no rural, dende cultivar a horta a coidar os animais.
A súa estadía nesta localidade do concello ourensán de Baltar é froito da loita de Javier Morales por devolverlle a vida á aldea onde pasou as súas vacacións dende pequeno.
Lembra que eran máis de cen os veciños e cando el decidiu volver tan só quedaban 16.
Trasladouse coa súa familia dende Cataluña e apostou primeiro por iniciativas turísticas pero deuse conta de que para repoboar a zona tiña que atraer xente moza.
En poucos anos conseguiron dobrar a poboación pero aínda queda moito por facer, di, para que Meaus volva ter a actividade de cando era neno.