Publicador de contidos
Publicador de contidos

Negueira de Muñiz, o concello con menos habitantes

Negueira de Muñiz, o concello con menos habitantes

Segundo os últimos datos do INE, conta con 240 habitantes

Os veciños desprázante ata a Fonsagrada ou cara a Asturias para diferentes servizos

G24.gal 27/05/2024 14:43

O piar dos paxaros resoa nas rúas centrais de Negueira de Muñiz. A tranquilidade é unha das insignias do concello con menos poboación de Galicia. Contan con pouco máis de 200 habitantes.

"Isto vai cada vez a menos, hai aldeas case sen ninguén", di un veciño da zona.

No seu día a día desprázanse a outros concellos para diferentes servizos. A maioría desprázase ata A Fonsagrada, pero outros decántanse polo lado asturiano.

"Hai tres sitios onde tomar algo ou comer e unha casa de turismo rural na que quedar a durmir, pero despois aquí para mercar ou en Grandas de Salime, ou na Fonsagrada ou en San Antolín", explica José Manuel Braña, alcalde de Negueira de Muñiz.

Aos oriúndos da zona súmanse veciños de diversas nacionalidades que chegaron ata aquí atraídos pola tranquilidade e a natureza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade