Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta calcula que o sobrecusto dos servizo públicos no rural supera os 500 millóns

A Xunta calcula que o sobrecusto dos servizo públicos no rural supera os 500 millóns

Rueda apela a "tentar por todos os medios" atraer mozos ao rural e que queden

G24.gal 11/07/2024 15:42

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cifra en "ao redor de 500 millóns de euros" o sobrecusto de prestación de servizos no rural galego debido a unha poboación dispersa e envellecida. "E creo que quedamos curtos", sostén.

No peche do foro Desafíos e Oportunidades da España rural, que organiza a Fundación Mapfre en colaboración coa Xunta en Santiago, Rueda subliña que "hai que ser capaz de prestar eses servizos", pois non se pode deixar que "se alonguen esas diferenzas" entre vivir no rural e contornas urbanas, xa que "a ese desafío hai que darlle solución".

Así, puxo en valor diferentes iniciativas "pioneiras" da Xunta, tales como casas niño de 0 a 3 anos, casas do maior, bonos coidado e Xantar na Casa, ademais de 14 polos de emprendemento.

Apela a "tentar por todos os medios" atraer mozos ao rural e que queden. Apunta a que "hai talento no rural" e deben "tomarse máis en serio" fenómenos como os dos nómades dixitais, que espera "se xeneralicen moitísimo máis".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade