Amancio e Sandra Ortega mantéñense como os máis ricos de España, segundo Forbes

Ás grandes fortunas non lles afecta a guerra e a inflación

Os máis ricos de España Os máis ricos de España
G24.gal 06/11/2023 11:21

Amancio Ortega e a súa filla, Sandra Ortega, constitúen un ano máis o podio dos 100 españois máis ricos, xunto con Rafel del Pino, presidente de Ferrovial.

O máximo accionista de Inditex mantense líder, acumulando a cifra de 81.800 millóns de euros, un 53 % maior en comparación cos números do pasado ano.

Sanda Ortega non queda atrás, é a única muller situada entre os cinco primeiros da lista, cunha fortuna que ascende ata os 7.100 millóns de euros. Destaca notablemente, a comparación coa súa irmá e presidenta de Inditex, Marta Ortega, que con 80 millóns de euros queda fóra da clasificación.

Aos dous galegos ségueos o presidente de Ferrovial, Manuel del Pino, con 5.900 millóns de euros, pechando así o 'top 3'.

Deste xeito, completan o 'top 10': o presidente de Abanca, J.C. Escotet; o presidente de Mercadona, Juan Roig; os empresarios Tomás Olivo, Leopoldo del Pino, Daniel Maté, Juan Abelló e Isak Andic.

Galicia colócase como a terceira comunidade con máis fortunas

A comunidade presenta nove grandes patrimonios, precedida por Cataluña (con 29) e Madrid (con 28) As dúas comunidades representan un 57 % do total das grandes fortunas españolas. 

Para completar o 'top 5', estarían a Comunidade Valenciana e as illas Baleares, ambas con sete fortunas.

Un terzo das fortunas son mulleres

Na popular lista aparecen 33 mulleres, supoñendo unha caída do 20 % respecto ao ano pasado, cando se estivo a piques de rozar a igualdade, con 59 homes e 41 mulleres.

Sandra Ortega é a única afortunada, nunca mellor dito, que se sitúa entre os 10 primeiros. Outras mulleres que aparecen na clasificación son: María del Pino, Alicia Koplowitz, Hortensia Herrero, Sol Daurella... En total, todas elan suman case 47.000 millóns de euros, unha cifra un 75,7 % máis baixa en comparación cos homes, que acumulan 193.813 millóns de euros.

Cabe destacar que, a pesar da guerra e da inflación, o patrimonio das grandes fortunas de España disparouse un 37 % en comparación co pasado ano, sumando un total de 196.130 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade