Amargo agasallo de aniversario para Lucas Pérez, expulsado no minuto 30
Amargo agasallo de aniversario para Lucas Pérez, expulsado no minuto 30
O de Monelos, que facía 35 anos, foi expulsado no minuto 30 por unha pata sen balón
O Deportivo foi mellor cun menos, pero o Teruel resistiu. Unha lixeira patada a Facu foi o detonante da expulsión determinada por Ruiz Álvarez.
Unha patada, iso si, sen balón e alta que non ten explicación nun xogador da súa experiencia. A consecuencia foi unha hora en inferioridade dun Deportivo que o tentou e mesmo fixo méritos para levar os tres puntos, pero á superioridade numérica os aragoneses sumaron unha gran tarde de Tabily na portería. Tras o encontro, Lucas Pérez pediu perdón.
"O erro foi meu. Pido desculpas de todo corazón. Na miña carreira nunca fixen unha acción destas".
"Non estou orgulloso, todo o contrario. Os valores do deporte están por riba".
Grande esforzo, cabeza cun menos e anulando a un rival que non chegou a rematar entre paus a pesar de estar cun máis, pero sen o premio do triunfo. Segundo empate sen goles en Riazor, algo que evidentemente non gusta, pero enmarcados os dous partidos no seu contexto, a seriedade dos de Idiákez non debe espertar nervios. Escaso punto, todo o contrario para un Teruel recentemente ascendido e que se estreaba en Riazor.