Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xurado cre que Johnny Depp e Amber Heard difamaron, pero obrígalle a pagar máis a ela

O xurado cre que Johnny Depp e Amber Heard difamaron, pero obrígalle a pagar máis a ela

A actriz publicara un artigo en The Washington Post en que se presentaba como vítima de maltrato

A exparella nunha alfombra vermella antes de separarse A exparella nunha alfombra vermella antes de separarse
G24.gal 01/06/2022 21:33 Última actualización 01/06/2022 23:41

O xurado do tribunal de Fairfaix (Virginia) declarou a actriz Amber Heard e o tamén actor Johnny Depp responsables de difamación, aínda que a ela en maior medida e, polo tanto, obrígalle a pagar máis. 

Na súa deliberación unánime, as sete persoas do xurado decidiron que Heard ten que pagar a Depp 15 millóns de dólares, mentres que el deberá pasarlle dous millóns. Segundo o xurado, hai tres frases escritas por Amber Heard nunha columna publicada por The Washington Post no ano 2018 que difaman a Johnny Depp, aínda que o actor tamén difamou nunha ocasión a súa exmuller.

Na primeira frase a actriz aseguraba "falar contra a violencia sexual", na segunda dixo que representaba "abuso doméstico" e que sufría "a ira contra as mulleres que falan" e na terceira que "as institucións protexen os homes acusados de abuso".

O xurado, que tardou máis de tres días en deliberar, considerou que estas tres afirmacións eran falsas e foron escritas co obxectivo de difamar contra o actor, aínda que en ningún momento se mencionase o nome de Johnny Depp.

O actor pedía á súa exparella 50 millóns de dólares por danos e perdas, aínda que finalmente a indemnización será de 15 millóns. Sobre a contrademanda, o xurado considerou que Depp difamou nunha ocasión contra a actriz e deberá pagar dous millóns de dólares.

Mentres se leu o veredicto, só estivo presente Amber Heard, xa que Depp se atopaba de viaxe en Londres, onde recentemente participou nun concerto con Jeff Beck e Kate Moss. Esta última participou como testemuña nunha das últimas xornadas do mediático xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade