Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ameazan con navallas tres adolescentes e atracan outro ao que lle deron unha malleira na Coruña

Ameazan con navallas tres adolescentes e atracan outro ao que lle deron unha malleira na Coruña

Polo momento a vítima non presentou denuncia

Preocupación e temor na contorna da praza de San Pablo

G24.gal 16/02/2023 14:47 Última actualización 16/02/2023 14:57

Os tres mozos, de 15 anos, estaban tranquilamente nun banco da zona do Pazo da Ópera cando foron abordados por un grupo de menores.

Ameazándoos con navallas, esixíronlles que lles deran as súas pertenzas. Porén, aproveitando un descoido, os mozos puideron fuxir. Pero a un deles, volveron collelo. Atracárono e golpeárono. Despois foron refuxiarse a unha cafetería da zona.

É o segundo episodio violento que se produce nos últimos nove días. O anterior aconteceu o pasado 5 de febreiro cando un mozo de 18 anos, que estaba xogando nas pistas deportivas ao baloncesto, recibiu tres picadas.

Veciños da contorna da praza de San Pablo comentan que este grupo en cuestión frecuenta a zona acotío. Polo momento, a vítima, non presentou denuncia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade