Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amplo seguemento no primeiro día de folga no sector conserveiro

Amplo seguemento no primeiro día de folga no sector conserveiro

Os sindicatos estiman que a participación foi do 90 %, a patronal di que foi do 29 %

Ana Lois 21/01/2022 19:58

Os sindicatos cifran nun 90 % o seguimento do primeiro día de folga da conserva. A patronal, nun 29 %. A este paro, convocado en toda España, estaban chamadas 30.000 traballadoras de 700 empresas. A maioría delas de Galicia e Cantabria. As folguistas reclaman melloras salariais que aseguren o seu poder adquisitivo e a igualdade de soldo entre homes e mulleres.

"Como mulleres sentímonos discriminadas tanto salarialmente coma en ter horas para médico ou coidados e esixen máis cantidade de produción cando os salarios non os soben", di Isabel Leite, Traballadora nunha conserveira.

"Cando estas mulleres chegan á xubilación teñen menos cotización e van xubilarse coa pensión mínima. Claro que é unha cuestión de igualdade" explica José Francisco Villar, de Comisións Obreiras.

Esta é primeira folga en décadas do sector español da transformación de peixes e mariscos. O paro está convocado polos sindicatos UXT, CCOO e CIG. Ademais de hoxe, as conserveiras volverán parar os días 3 e 4 de febreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade