Cargando resultados...
Ana Miranda reclámalle á Eurocámara que pida explicacións a Israel sobre a súa deportación
Ana Miranda reclámalle á Eurocámara que pida explicacións a Israel sobre a súa deportación
A eurodeputada di que o veto é unha afronta diplomática e que tiña autorización do ministerio de Exteriores israelí
Miranda foi a única da delegación a quen lle impediron entrar no país
G24.gal
24/02/2023 11:51
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, a quen Israel impediu entrar no país cando ía en misión oficial do Parlamento Europeo, vai solicitarlle á Eurocámara que condene o sucedido e que pida explicacións a Israel acerca do veto sobre ela que manteñen desde 2015.
Foi a única eurodeputada que non puido entrar. Miranda tamén reclama que o ministerio de Exteriores presente unha queixa formal porque cre que o acontecido vai máis alá da defensa dos dereitos dos palestinos, que é unha afronta diplomática e institucional contra o Parlamento Europeo. Asegura que Israel está acostumado á impunidade, aos abusos e á política de masacres.