Ana Seabra: "As xogadoras coñecen as miñas dinámicas, están ben"
Ana Seabra: "As xogadoras coñecen as miñas dinámicas, están ben"
O Mecalia destituíu a Cristina Cabeza e volve confiar en Ana Seabra
O Atlético Guardés anunciou a destitución da adestradora Cristina Cabeza, na mesma semana en que o equipo vai disputar a fase final da Copa da Raíña. Ana Seabra, a segunda adestradora, colle os mandos do equipo.
"As xogadoras coñecen as miñas dinámicas. Están ben. Saben que temos a Copa. Queren desfrutala".
A portuguesa xa adestrara o ano pasado o conxunto de División de Honra e con moi bos resultados. Conseguiu endereitar o rumbo na Liga e chegou a unha final europea por primeira vez na súa historia.
Cristina Cabeza deixa de ser a adestradora do primeiro equipo. O club agradécelle o seu intenso traballo e dedicación.
— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) May 7, 2024
Grazas, Cris. Moita sorte e éxitos no futuro. pic.twitter.com/kvWAgatIzM