Publicador de contidos
Publicador de contidos

Andalucía e Madrid estudan recorrer a reforma fiscal do Goberno ante o Tribunal Constitucional

Andalucía e Madrid estudan recorrer a reforma fiscal do Goberno ante o Tribunal Constitucional

Argumentan que invade competencias autonómicas

G24.gal 30/09/2022 21:32

O presidente de Andalucía acusa o Goberno de promover unha contrarreforma fiscal para que as súas rebaixas de impostos perdan efecto.

Refírese, por exemplo, ao imposto ás grandes fortunas, aprobado uns días despois de que Andalucía suprimira o imposto de patrimonio.

"Non ten sentido que por un elemento puramente ideolóxico se faga unha contrarreforma e un ataque á autonomía fiscal de Andalucía", di Moreno Bonilla.

Na mesma dirección vai a Comunidade de Madrid. Ambas están dispostas a recorrer a reforma fiscal do Goberno ante o Constitucional.

Tanto Facenda coma Unidas Podemos negan que improvisaran as medidas, pero admiten que se viron sorprendidos pola carreira fiscal das comunidades.

O Goberno acusa ao PP de "populismo fiscal"

Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno, di: "Non pode ser que as autonomías estean baixando os impostos e ao mesmo tempo pedíndolles ao resto dos españois que fagan sobreesforzos"

María Jesús Montero, ministra de Facenda, asegura: "Cremos que o PP practica un populismo fiscal, e que o Goberno actúa con sentido común"

A outra crítica á reforma é a falta de bonificacións para os contribuíntes que gañan máis de 21.000 euros. O Goberno nega que queden fóra. 

"Para esas familias hai unha bonificación da gasolina, hai transporte gratuíto...", di a ministra Montero.

Para o PP non é xustificable.

Así o indica Alberto Núñez Feijóo: "Só se toca un tramo concreto, coma se o resto de contribuíntes estivese nun momento de bonanza".

Sobre o imposto ás grandes fortunas, o presidente do PP teme que provoque unha fuga de capitais a Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade