ANFACO pide que o Goberno negocie en Bruxelas para que as conserveiras poidan acceder ao PERTE
ANFACO pide que o Goberno negocie en Bruxelas para que as conserveiras poidan acceder ao PERTE
Polo de agora están excluídos do PERTE agroalimentario
Os donos das fábricas de conservas pídenlle ó Goberno que negocie en Bruxelas para que o sector poida entrar no programa das axudas europeas do PERTE agroalimentario, xa que o Ministerio de Industria lles comunicou que, tal e como está deseñado o programa, non teñen cabida.
Dicíao no Galicia por diante o secretario xeral da asociación ANFACO Roberto Alonso.
"É unha situación difícil. Non o imos negar. Pero cremos que se o sector traballa unido por esta petición, o Ministerio de Industria terá que escoitarnos e terán que traballar no Goberno de España para intentar conseguir coa Comisión Europea que as empresas do mar, as industrias do mar, tan importantes para o noso país, pois, finalmente, estean incluídas. Pero polo de agora a noticia é que estamos excluídos do PERTE agroalimentario".
"Avogamos porque o Ministerio faga esa comunicación a Bruxelas e, se é necesario, que se plante en Bruxelas e que intente resolver esta situación, porque non podemos comprender que un sector que traballou tanto durante a pandemia, que abastecemos os liñais do noso país, pois que agora se encontre fóra dese programa de investimento e que polo tanto non encontre encaixe e ningunha axuda e máis no PERTE agroalimentario, un sector líder no ámbito internacional como por exemplo é o das conservas de peixes e mariscos".